Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Novo concerto dentro do Festival Groba en Ponteareas

La Voz

VIGO

ANA GARCIA

A entrada a todos os concertos programados polo Festival Groba é libre e gratuíta ata completar a capacidade do auditorio de Ponteareas

18 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Festival Groba afronta unha nova xornada. A partir das 21.00 horas, o auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas acollerá un concerto no que o Ensemble da Fundación Groba (Rogelio Groba Otero, violín; Alba Reirís, chelo; e Pablo Diago, piano) interpretará o trío para piano opus 50 de E. Granados, e Presamarcos, trío con piano da serie Galicia Anterga, de Rogelio Groba.

Completarase o recital coa interpretación da sonata para chelo e piano en sol menor opus 19, de S. Rachmaninov. Esta peza será interpretada por Luka Coetzee (chelo) e Marianna Prjevalskaya (piano).

A entrada a todos os concertos programados polo Festival Groba é libre e gratuíta ata completar a capacidade do auditorio de Ponteareas.