
O tenista vigués en cadeira, que suma o seu segundo grand slam, e o seu compañeiro vencen en dous set (7-6 e 7-5) aos favoritos e número 1 do cadro, os americanos Hewett e Reid
12 jul 2025 . Actualizado á 15:25 h.O tenista vigués Martín da Puente proclamouse este sábado campión de Wimbledon na categoría de dobres xunto ao seu compañeiro, o xogador de Países Baixos Ruben Spaargaren. É o segundo grand slam do deportista galego, ambos nesta modalidade, xa que se impuxo no US Open do ano 2022, entón, xunto ao francés Nicolas Peifer.
Neste caso, en fronte estaba a parella favorita, números 1 do ránking de dobres e primeiros cabeza de serie, Gordon Reid e Alfie Hewett, que foi o verdugo de Da Puente no cadro individual en semifinais a véspera e do que se puido tomar o desquite. O tándem español, ademais, venceu en dous set, aínda que moi disputados: o primeira manga saldouse co un 7-6, e a segundo, por 7-5. Os americanos, ademais, defendían título.

Da Puente, terceiro no ránking mundial individual, e Spaargaren (1999), oitavo, levan competindo xuntos desde principios de ano e este é o seu primeiro grande éxito conxunto. En dobres chegaban a esta cita como quinto e sexto na clasificación, respectivamente. No seu camiño cara á final, venceran ao chileno Alexander Cataldo e ao francés Stéphane Houdet (6-2, 4-6 e 6-2) en cuartos e a Ji Zhenxu e Sergei Lysov en semifinais ( 6-2 e 6-4).
No palmarés do deportista vigués figura tamén a medalla de bronce conquistada nos Xogos Paralímpicos de París, formando parella co seu gran rival no panorama nacional nos últimos anos, Daniel Caverzaschi.