A muiñeira sae ás rúas de Vigo

La Voz VIGO

VIGO

Oscar Vázquez

59 agrupacións folclóricas bailarán pola rúa Venezuela

18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A muiñeira, un dos principais referentes do folclore galego, terá hoxe o seu día de exaltación. Centos de persoas bailarán na rúa Venezuela para lembrar o arraigo deste baile asociado aos traballos relacionados cos muíños. O Día da Muiñeira de Vigo está organizado pola Asociación Cultural Interfolc e conta coa colaboración do Concello de Vigo.

Segundo explicaron o día da presentación do evento, neste gran baile colectivo participarán 59 agrupacións folclóricas, pertencentes a 34 entidades. Iso supón que preto de mil bailaríns coincidirán na rúa Venezuela, lugar onde vaise desenvolver esta festa do folclore galego. Para elo, o Grupo de gaitas Airiños do Parque de Castrelos, unha entidade cultural de longa traxectoria, interpretará distintas pezas de música tradicional.

A concentración dará comezo ás doce da mañá na rúa Venezuela. Previamente, levarase a cabo un desfile dos grupos participantes desde a rúa do Marqués de Alcedo, a partir das 11.15 horas.

A celebración, que xa chega a súa corenta e cinco edición, obrigará a pechar ao tráfico algunhas rúas. Segundo informa o Concello, entre as 10.00 e as 11.15 horas quedará cortada a circulación de vehículos na rúa do Marqués de Alcedo entre as rúas de Venezuela e Nicaragua. O aparcamento quedará prohibido na beirarrúa dereita dese mes treito.

Posteriormente, entre as 11.15 e as 13.00 horas permanecerá pechado ao tráfico a rúa de Venezuela entre a rotonda do Bicentenario e a rúa do Arcebispo Xelmírez. Tampouco se poderá aparcar.