«Tantas veces junio», de Miguel Vigo

La Voz

VIGO

M.MORALEJO

A asociación Évame Oroza acolle a presentación do poemario «Tantas veces junio», de Miguel Vigo

07 may 2025 . Actualizado a las 05:05 h.

Hoxe 20.00 horas • Subida á Costa, 5 • Entrada gratis • A asociación Évame Oroza acolle a presentación do poemario «Tantas veces junio», de Miguel Vigo. Neste libro o autor reflexiona sobre o paso do tempo e fala da memoria, das meditacións, do amor e das súas consecuencias. No acto participarán, ademais do autor, a escritora Clara do Roxo, a escritora e periodista María Xosé Porteiro e o editor Xabier Romero. A presentación tamén contará coa actuación musical de Santiago Ferragud.

 Miguel Vigo é segundo el mesmo di un vigués nacido en Ferrol e forxado en cidades como Bilbao, Madrid, Tenerife, Granada ou Barcelona. Gañou no ano 2024 o segundo premio no Certame Relatos Vigo Histórico.