
A exposición temporal recolle medio centenar de instantánea de Nicolás Muller
04 may 2025 . Actualizado á 05:05 h.Martes a venres 10.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00h. Sábado, domingo e festivos 11.00-14.00 e 17.00-20.00h. • Avda. Atlántida, 129. Entrada xeral 5 euros • O Museo do Mar de Galicia en Vigo acolle actualmente a exposición temporal «Nicolás Muller en Galicia». Recolle unha selección 50 imaxes das 700 fotografías que Nicolás Muller (Hungría, 1913 ? Asturias, 2000), un dos documentalistas máis relevantes do século XX, tomou en terras galegas durante as súas viaxes, moitas delas localizadas nas Rías Baixas.
Comisariada polo tamén fotógrafo José Ferrero, xorde a raíz da exposición Nicolás Muller. Vento Norte, que puido visitarse no Museo Centro Gaiás entre xullo e novembro do 2023. Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segue apostando polas itinerancias dos seus proxectos expositivos por todo o territorio, como é o caso desta proposta xestada na Cidade da Cultura.
Pero hai moito máis que ver. Facendo o percorrido polas súas salas o visitante coñecerá a actividade pesqueira en todos os seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no discorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, desde os antigos sistemas de salgadura aos modernos de conxelación. Tamén hai un pequeno acuario, tenda e un faro.