Unha inmobiliaria de Vigo colapsa por anuncios falsos: «Tivemos 2.000 chamadas nun día»

Pedro Rodríguez Villar
Pedro Rodríguez VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

Accederon á conta da empresa e publicaron ofertas de pisos baratos en vinte cidades de España

03 may 2025 . Actualizado á 01:50 h.

«Eu xa me conformo con chegar a fin de semana», di Víctor Pérez, o administrador da inmobiliaria Navia Século XXI. Levan desde o luns sen poder traballar con normalidade, pero o peor de todo non foi o apagamento. A noite do martes roubáronlle as súas claves de acceso ao servidor de Fotocasa, un dos portais inmobiliarios máis grandes de España. Unha vez dentro, os intrusos publicaron anuncios de pisos baratos en 20 cidades de España. «Ofrecían alquileres en Madrid, Barcelona, Hospitalet, Málaga ou Sevilla a prezos moi bos de 450, 550 ou 650 euros ao mes». Esa noite Víctor xa apagara o teléfono do traballo, pero cando o acendeu ás oito da mañá do día seguinte comezou o caos.

«Esa mañá tivemos como 500 chamadas telefónicas e moitos máis correos electrónicos», lamenta Víctor, que se encontró con el problema de imprevisto. Le llamaban de todas partes de España y, también, de fuera. «Había moita xente latina, francesa, de Europa do este. Nós sempre respondíamos o mesmo: Somos unha inmobiliaria pequena de Galicia». Rapidamente, puxéronse en contacto con Fotocasa para buscar unha solución. A compaña bloqueou os anuncios, pero o teléfono seguía soando, e os correos electrónicos e os WhatsApps seguían chegando. Ao final do día xa sumaba 2.000 chamadas no rexistro do móbil. «Moita xente ten activadas alertas para que lle avisen cando se publica un anuncio con algún prezo que entre dentro do que buscan. Estas recíbenas no correo e, aínda que o piso xa non estea publicado, continúan a ver o teléfono de contacto», conta Víctor. Tamén había outras que facían captura de pantalla do anuncio e que aínda seguían chamando onte.

«Nos han suplantado en Fotocasa Pro. Sentimos las molestias, pero nosotros somos víctimas, a tal punto de que no podemos trabajar de volumen de llamadas y mensajes que estamos recibiendo», escribía Víctor Pérez nas redes sociais da súa inmobiliaria. A mañá do mércores foi un caos. Atendían un teléfono e xa estaba a soar outro. Tampouco os seus clientes de verdade podían contactar con eles. «Chamou unha moza de Vigo interesada por un dos alugueres que temos na cidade e dicía que fora imposible falar con nós», lembra. O resto da xornada do martes, ademais de contestar chamadas e responder correos, tamén o dedicaron a cambiar as súas claves de Fotocasa, a modificar as direccións electrónicas na web para que non colapsase os correos que utilizan e a falar con varios traballadores da compaña para tratar de solucionar o problema.

«Non tiven tempo nin de ir a comisaría. Vou ir hoxe a poñer a denuncia», conta Pérez. Non ten nin idea de como conseguiron as súas claves. «Eu sempre atendo moito para non entrar en ningún enlace sospeitoso. Non sei como puideron entrar. O único que fixen diferente ese día foi facer unha formación de Fotocasa a través do móbil mentres o coche estaba no taller», explica. Na compaña tampouco lle souberon dar unha resposta. Insiste que non ten claro a finalidade do ataque: «O único que fixeron foi publicar os anuncios. Non cambiaron o contrasinal, nin clonaron a web, nin secuestraron a nosa conta. Parece facer dano por facer», insiste Víctor.

Hoxe, o equipo da inmobiliaria xa espera que se normalice a situación. «Por sorte, a nosa web propia, mails, dominios e comunicacións non se viron afectadas, soamente a publicación nesas plataformas», continúa Víctor, que volve reiterar o seu desexo de chegar ao fin de semana.