A obra de César Portela vista desde o mar

La Voz VIGO

VIGO

CAPOTILLO

O Instituto de Estudos Vigueses organiza unha ruta marítima pola ría

13 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Fórum do Instituto de Estudos Vigueses ofrece un percorrido guiado polo arquitecto César Portela no que explicará as súas obras máis representativas desde o mar (Auditorio Mar de Vigo, Museo do Mar de Galicia e a súa intervención na illa de San Simón). O historiador e membro do Instituto Antonio Giráldez dará unhas explicacións sobre o que foron os lugares onde hoxe se levantan as obras de César Portela antes da súa intervención, ademais da factoría Massó. Pola súa banda, o doutor en Historia Moderna José Martínez Crespo falará da batalla de Rande no mesmo lugar no que esta ocorreu.

O barco partirá ás 17.30 horas. Debido a que se cubriron todas as prazas, o Instituto fará unha nova ruta o ano próximo.