Sanidade estuda ampliar o centro de Salvaterra

La Voz SALVATERRA / LA VOZ

VIGO

Cedida

As instalacións son as primeiras de atención primaria que visita o conselleiro Antonio Gómez

12 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Consellería de Sanidade estudará unha posible ampliación do centro de saúde de Salvaterra, segundo confirmoulle onte o titular dese departamento, Antonio Gómez Caamaño, á alcaldesa, Marta Valcárcel, nunha visita ao ambulatorio.

O Sergas acaba de investir 445.000 euros en reformar varios espazos do centro, pero Salvaterra é un municipio en crecemento, que conta con cinco médicos de familia e un pediatra, máis as correspondentes enfermeiras, e que non ten espazo para crecer. Por iso vaise a valorar unha ampliación. Caamaño destacou que a de onte foi a súa primeira visita a un centro de atención primaria. «Queremos prestixiala», dixo.