Un concerto para dous corpos en forma de danza

La Voz VIGO

VIGO

Joaquin Ponce de Leon

Nómade Danza estará no Teatro Ensalle

01 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

20.00 horas • Chile, 15 • 10 euros • O Teatro Ensalle ofrece ata o domingo Magma, concerto para dous corpos, unha proposta de Nómade Danza / Lasafueras, que supón unha estrea en Galicia.

«Naceu de xeito orgánico, como o adoita facer no corazón da terra tamén, desde un punto moi humano, moi necesario, indispensable: a amizade, un dos estados emocionais máis íntimos que coñecemos», apuntan desde a compañía.

Andrea Catania e Roberto Torres, da compañía canaria Nómade, estarán sobre o escenario do Teatro Ensalle para desenvolver a súa propia coreografía, que é o resultado dunha coprodución coa compañía costarriqueña Lasafueras.

Mañá domingo poderase volver ver esta peza á mesma hora.