Ateneo Atlántico celebra o día da liberdade de prensa

La Voz VIGO

VIGO

Xoán Carlos Gil

Propón unha mesa redonda con mulleres xornalistas

15 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Ateneo Atlántico organiza un encontro sobre mulleres xornalistas. O acto será a partir das 19.30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (García Barbón, 5). Neste encontro, pensado a modo de mesa redonda, participarán as xornalistas Luz María Durán, Magis Iglesias e Ana Guantes. Actuará como moderadora do encontro Irene Bascoy. O encontro conmemora o Día internacional pola liberdade de prensa.