Tui celebra os 180 anos de vida da Garda Civil

La Voz TUI / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

O acto serviu para a imposición de condecoracións na praza de San Fernando

14 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Tui vestiuse de gala onte para conmemorar o 180 Aniversario da fundación da Garda Civil. O coronel xefe da Comandancia de Pontevedra, Simón Venzal, o subdelegado do Gobierno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presidiron os actos na praza de San Fernando. No acto procedeuse, ademais, á imposición de condecoracións, así como á entrega de placas conmemorativas ao persoal do corpo que pasou á reserva e os xa retirados. 

M.MORALEJO

No acto lembrouse que o 13 de maio de 1844 foi o día no que a Raíña Isabel Il asinou o Real Decreto que recollía as pautas para a organización da Garda Civil. «En novembro daquel 1844 comeza o despregamento en Galicia do Quinto Terzo da Garda Civil e constitúese a Compañía de Pontevedra cunha estrutura territorial de tres liñas ao mando de oficiais: unha en Tui, e as outras dúas en Caldas e Lalín. Na de Tui encadrábanse os postos de Tui, A Guarda, Vigo, Redondela, Ponteareas, A Cañiza, Arbo e As Neves», explicouse. Foron os inicios para establecer a orde pública, protexer as persoas e as propiedades fronte aos criminais e facer cumprir as leis.