Música contra o «bullying» no Val Miñor

Monica Torres
M. Torres BAIONA / LA VOZ

VIGO

Cedida

Ana Sotelo e o grupo 42 graos Norte estrearán a canción «Xeración Alpha» o 2 de maio, día internacional contra o acoso escolar

24 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Ana Sotelo e o grupo 42 graos Norte presentan Xeración Alpha. Trátase do seu primeiro single, unha canción composta polo batería baionés de 11 anos Anxo Sotelo en colaboración co produtor Pablo Lenda. A canción fala sobre o bulliyng, o acoso escolar e a problemática social e persoal que acarrera.

A estrea da canción será o 2 de maio e moitos centros escolares da comarca do Val Miñor retransmitirano de forma simultánea ao coordinarse as concellarías de educación dos concellos. Rock, punk, hip hop e pop mestúranse nun tema explosivo e pegadizo, segundo os seus promotores, e que lanza «unha mensaxe máis necesaria que nunca». Anxo, Martina, Lucca e Mencía poñen voz «a toda unha xeración que está disposta a romper as regras do acoso escolar e o silencio cómplice».

A peza foi gravada e mesturada por Juaqui Fuentes nos estudos Carpintería Rec. en Priegue (Nigrán). A estrea do single, cuxo videoclip foi realizado baixo a dirección de Vicente Pedreira, de SamaínProducións e gravado no IES Auga dá Laxe (Gondomar) será, pois, ás doce da mañá do Día Internacional Contra o Bullying. O lema escollido para a ocasión é #somosmoitosmais.