O BNG pide explicacións sobre o novo concerto con Povisa e o PP contraataca: «Os propios pacientes deciden en que hospital desexan ser atendidos»

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

El herido buenense fue trasladado hasta el Hospital Povisa
O ferido budetense foi trasladado ata o Hospital Povisa XOAN CARLOS GIL

Os nacionalistas reclaman sen éxito no Parlamento unha auditoria previa á negociación

24 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP critica que o BNG pretenda a «nacionalización» do Hospital Povisa de Vigo coa escusa de que a atención sanitaria debe ser prestada unicamente pola Administración pública. Os populares vetaron onte no Parlamento galego unha proposición non de lei do Bloque para que a Xunta informe á Cámara de como se está negociando un novo concerto co hospital Ribeira-Povisa de Vigo. O deputado Alberto Pazos contraatacou aos nacionalistas reprochando que poñan en dúbida a calidade do complexo e advertindo que a Xunta puxo en marcha un sistema para que os pacientes elixan voluntariamente en que hospital desexan ser atendidos.

O acordo que está en vigor foi asinado en 2014 por oito anos e prorrogado en dúas ocasións por un ano, e remata en agosto deste 2024. Segundo o BNG, non é posible unha nova prórroga «salvo que o PP recurra aos métodos que ten denunciado o Consello de Contas para manter no tempo contratos que tenían que tiñan que sair la licitación». Así o reclamou a portavoz nacionalista de Sanidade, Montserrat Prado, quen tamén defendeu na súa iniciativa a realización dunha auditoría, previa á negociación dun novo concerto, que contemple o conxunto dos recursos públicos destinados ao centro, que recibe 80 millóns ao ano.