Novo disco de Manuel Madarnás

La Voz VIGO

VIGO

Actuará no Sinattra Club cunha chea de músicos

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

22.00 horas • Fermín Penzol, 6 • Entradas: 8 euros no despacho de billetes • No Sinattra Club actúa Manuel Madarnás a partir das 22.00 horas. Presentará o seu novo álbum, titulado A Mmarca - Vol. II.

Xunto a toda a súa banda, este trompetista interpretará todas as súas novas cancións, contando ademais coa participación de artistas e grupos invitados, como Micalip's, Javier Pousa e Agostiña Guzmán, entre outros.

En total, haberá 19 persoas acompañando a este artista nun gran espectáculo de música pop en directo. O vindeiro domingo, Manuel Madarnás estará a actuar nas Festas de San Telmo de Tui e o día 13, en Vagalume, Salvaterra.