O trastorno autista no teatro

La Voz VIGO

VIGO

Afundación programa para escolares a obra Hugo

27 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Auditorio do Teatro Afundación de Vigo acolle ata o venres 1 de marzo unha proposta escénicas para escolares programada por Afundación en Vigo. A obra Hugo está dirixida a terceiro e cuarto curso de Primaria e poderán gozala 3600 escolares de 60 centros educativos de Vigo e comarca nas representacións programadas con dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 horas.

Hugo, de Náufragos Teatro, gañadora do premio María Casares ao mellor espectáculo para público infantil e familiar en 2022, aborda o trastorno do espectro autista na infancia desde a empatía e a sensibilidade, falando de diversidade, de convivencia e da beleza de ser diferentes. A obra, que contou co asesoramento de Asperga (Asociación Galega de Síndrome de Asperger), trata as micro discriminacións diarias experimentadas polas persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e fala da necesidade de comunicarnos, partindo de que «ser diferentes fainos grandes».

Esta obra forma parte da programación escénica para escolares da Obra Social de ABANCA en Vigo que chegará este curso a 16 000 escolares de 130 centros educativos.