O Banco de Alimentos de Vigo logrou 49.000 quilos na súa campaña de primavera

La Voz VIGO

VIGO

A operación quilo celebrouse os días 2 e 3 de xuño

26 jun 2023 . Actualizado á 12:04 h.

49.000 quilos de comida na primeira campaña de primavera do Banco de Alimentos de Vigo. A operación celebrouse a principios deste mes, os pasados  2 e 3 de xuño. Nesta acción participaron máis de 200 voluntarios nos diferentes Carrefour e Alcampo de Pontevedra. Outras cadeas de alimentación como Mercadona ou Día optaron por recibir doazóns en diñeiro, sen a presenza de voluntarios. Ese saldo irase transformando en alimentos básicos segundo vaia necesitando a entidade. 

Do total 23.000 quilos foron recollidos polos voluntarios: 18.000 en Vigo e outros 6.000 en Pontevedra, Lalín e Vilagarcía. O resto ata lograr os 49.000 foron as doazóns económicas de todas as superficies comerciais adheridas á Operación Quilo Primavera. 

Esta é a primeira vez que se organiza nos 54 bangos que foramn a federación española e a idea é que se consolide como unha campaña de mita de ano, para poder facer provisión de produtos de primeira necesidade.  

Desde a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo «agradécese e quere destacar o esforzo dos doantes nos actuais tempos de inflación e alza dos prezos da comida. Que no contexto de crise económica actual a cidadanía sempre responda positivamente é algo que merece ser destacado e valorado».

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu preto de 2 millóns de quilos alimentos durante 2022, un ano no que mellorou substancialmente a denominada cesta básica, adquirindo e repartindo alimentos máis saudables. Na  actualidade atenden a unhas 20.000 persoas a través de máis 150 ONG e entidades homologadas coas que traballan.