O Banco de Alimentos de Vigo busca 200 voluntarios para a súa operación quilo de primavera

La Voz

VIGO

Óscar Vázquez

A cita será o 2 e 3 de xuño e será a primeira ocasión na que se celebre

22 may 2023 . Actualizado á 13:05 h.

Ter catro horas libres a próxima fin de semana do 2 e 3 de xuño. Ese é o requisito que fai falta para arrimar o ombro e axudar á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo para a súa primeira operación quilo de primavera, coa que busca dar un empuxón ás súas reservas de comida nos almacéns. Necesítanse 200 persoas, que deben darse de alta na web da entidade

Esta será a primeira vez da iniciativa, que levará a cabo nos 54 bancos de alimentos existentes e que agardan consolidar co tempo. Os voluntarios estarán presentes nos centros Alcampo e Carrefour de toda a provincia, onde se poderán doar alimentos. Noutras cadeas, como El Corte Inglés, Mercadona, DÍA ou Lidl haberá só a opción de achega económica. En Vigo farán falta 125 voluntarios, que se repartirán entre tres Alcampo e dous Carrefour

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu preto de 2 millóns de quilos alimentos durante 2022, un ano no que mellorou substancialmente a denominada cesta básica, adquirindo e repartindo alimentos máis saudables. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade atenden a unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade da provincia ás que chegan a través de máis 150 ONG e entidades homologadas coas que traballan.