Salvador Sobral estréase como compositor

La Voz VIGO

VIGO

Xoán Carlos Gil

O músico portugués actuará no Mar de Vigo

25 mar 2023 . Actualizado á 05:00 h.

21.00 horas • Beiramar, 59 • Desde 20 euros máis gastos de xestión • Tras a súa actuación con Abe Rábade do pasado verán, Salvador Sobral regresa esta noite ao auditorio Mar de Vigo para presentar o seu novo disco, BPM é batimentos (latexados) por minuto.

 Estará acompañado no escenario vigués polo pianista Max Agnas, o contrabajista André Rosinha, o baterista Bruno Pedroso e o guitarrista André Santos.

A principal novidade deste traballo é que o músico portugués estréase como compositor. «Inspírame a vida en xeral. Desde a miña enfermidade para inventarme personaxes, como unha familia venezolana que emigra a España, ou simplemente que un día non teño ganas de levantarme. Todo vale para compoñer», explicaba Sobral esta semana nunha entrevista en La Voz de Galicia.