O Banco de Alimentos busca 500 voluntarios para a súa primeira recollida do ano

La Voz VIGO

VIGO

M.MORALEJO

Para a cidade de Vigo fan falta 150 persoas para a fin de semana do 10 e 11 de marzo

22 feb 2023 . Actualizado á 12:01 h.

500 voluntarios. Esa é a cifra que necesita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos para pór en marcha a súa primeira recollida do ano. A iniciativa é o zampakilos solidario e organízase, unha vez máis, en supermercados de toda a provincia con Vegalsa-Eroski

Os voluntarios de mono azul poderán verse os próximos 10 e 11 de marzo en 33 locais da cadea alimentaria. Para Vigo calcúlase que necesitarán 150 voluntarios, aos que se sumarían 50 en Redondela, 25  respectivamente en Mos, no Porriño, En Baiona, en Nigrán, en Pontevedra, Lalín, Arcade e Bueu, tamén 50 en Vilagarcía e outros tantos en Marín

Para participar como voluntario só hai que contar con catro horas libres o venres ou o sábado e estar disposto a compartilas. Para particiar os interesados pódense dar de alta na web https://bancoalimentosvigo.org/hazte-voluntari/

Os doantes podránentregar alimentos físicos aos voluntarios ou realizar achegas económicas. A cadea abrirá un saldo a favor con todo o diñeiro recadado para logo transformalo en alimentos. 

 Tanto o zampkalos solidario como o resto de iniciativas supoñen un grande impulso no que a provisión inmediata de produtos de primeira necesidade refírese, co correspondente abastecemento dos almacéns de Vigo e Pontevedra.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu preto de 2 millóns de quilos alimentos durante 2022, un ano no que mellorou substancialmente a denominada cesta básica, adquirindo e repartindo alimentos máis saudables. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade atendemos a unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade da provincia ás que chegamos a través de máis 150 ONG e entidades homologadas coas que traballamos.