Teatro familiar en Tui

La Voz VIGO

VIGO

Ghazafelhos representará As pitas baixo a choiva

16 feb 2023 . Actualizado á 16:54 h.

Teatro Ghazafelhos visita o Teatro Municipal de Tui ás 19.30 horas coa obra As pitas baixo a choiva. É un espectáculo con guion e dirección de Pepablo Patinho, baseado nun relato de Ricardo Carvalho Calero. Nesta obra para público familiar, Ludivina e Terejía son dúas galiñas protagonistas que viven no curral de Barreira. Están a agardar a visita de Ricardiño, o neno que, ás veces, xoga con elas. O elenco da obra está formado por Pablo Sánchez, Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho.

As pitas baixo a choiva está recomendada a partir de 3 anos e ten unha duración de 60 minutos. As entradas están á venda en tui.gal a 4 e 3 euros.