Salvador Sobral chea de emoción o TerraCeo

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Xoán Carlos Gil

O cantante portugués apostou polo jazz no concerto con Abe Rábade

20 ago 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O cantante portugués Salvador Sobral, que saltou á fama tras gañar un atípico festival de Eurovisión no 2017, encheu onte de sentimento e emoción o TerraCeo no auditorio Mar de Vigo. O músico e intérprete lisboeta estivo acompañado polo pianista Abe Rábade e, no concerto, ambos apostaron polo jazz e as improvisacións. A actuación logrou esgotar as entradas. Salvador e Abe son amigos e a súa complicidade quedou de manifesto na acdtuación. O primeiro labrouse unha carreira de prestixio, na liña das apostas que está a facer o Mar de Vigo, e o segundo é un dos músicos máis reputados da escena galega. 

O concerto comezou pasadas as 21.00 horas. Mentres o sol se poñía polas illas Cíes nunha noite espléndida na terraza do auditorio vigués, ambos se divertiron improvisando, probando novos temas, musicalizando poemas ou interpretando estándares clásicos do jazz ou mesmo do cancioneiro galego (ese «Alalá dás mariñas») desde outra perspectiva.

Salvador Sobral estivo cariñoso co público, ao que, entre risos, invicó a comprar os seus discos para poder pagarse a viaxe de volta á capital portuguesa co cara que se puxo a gasolina. Ao termo da actuación, asinou cedés para os interesados.

Como xa ocorreu en anteriores concertos na terraza do Mar de Vigo, os asistentes ao Terrraceo puideron gozar de food trucks, que incluían comida, cervexa e viños galegos. Non faltaron as delicatessen do equipo dunha clásico e recoñecido hostaleiro da cidade, Carlos Rodríguez.