O Vao é declarado espazo protexido de interese local

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO

Óscar Vázquez

A Xunta aproba o plan de conservación do complexo dunar e o goberno local comprometeuse a investir 815.000 euros

09 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As dunas da praia do Vao foron cualificadas polo Goberno galego como espazo natural de interese local (ENIL). O Consello da Xunta aprobou o plan de conservación do espazo natural do areal do Vao-Baluartes. O goberno local de Vigo comprometeuse a investir na conservación e divulgación deste espazo 815.652 euros.

Segundo explicou onte a Xunta, trátase do sexto ENIL declarado definitivamente en Galicia e o primeiro na cidade de Vigo. Os outros, por orde cronolóxica de aprobación, son: a Xunqueira de Alba en Pontevedra (2012); Loio Ruxidoira no municipio lugués de Paradela (2013); o Puzo do Lago en Maside (2014); o río Gafos pontevedrés (2019); e as illas de San Pedro na Courña (2020).

O complexo dunar e o areal do Vao-Baluartes abarca unha lonxitude lineal ao lado de mar de 780 metros e a súa superficie é de 11,40 hectáreas.