A nova ampliación do Ifevi para Conxemar custará 4 millóns

VIGO

Óscar Vázquez

O padroado aprobará mañá o aumento do recinto en 5.000 metros cadrados

09 oct 2019 . Actualizado ás 20:49 h.

O padroado do Instituto feiral de Vigo, Ifevi, aprobará mañá a ampliación do recinto en 5.000 metros cadrados. Custará 4 millóns de euros segundo as primeiras estimacións a falta do proxecto construtivo. Este redactarao o propio Instituto feiral. Unha vez redactado o proxecto básico, as diversas conselleríass teñen que emitir os informes sectoriais preceptivos prazo de cinco meses.

Daquela o Concello de Vigo someterao a exposición pública para que se poidan presentar as correspondentes alegacións. Unha vez concluído este trámite o proxecto ten que ter o visto e prace da comisión superior de urbanismo de Galicia. Con este plácet volvería á Consellería de economía que tería que dar o visto e prace definitivo antes de envialo ao Concello da Xunta para a súa aprobación.

Pero o proceso non acaba aí, senón que o Concello ten que acometer as expropiacións dos terreos. Para elaborar o proxecto básico, o Ifevi vai contar co asesoramento da Axencia Galega de Infraestruturas. Todos estes pasos foron explicados esta mañá pola delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro a José Luis Freire, presidente de Conxemar. Á reunión tamén asistiu Arsenio Prieto, director do Ifevi.

A obra será financiada nun 89 % pola Xunta. O resto da achega porana os outros socios do padroado e os fondos propios da institución.

A delegada da Xunta, Corina Porro, non se atreveu a asegura de que a obra estea rematada no 2020 e pediu lealdade institucional ao Concello de Vigo para que sexa así e póidase inaugurar canto antes.