O Banco de Alimentos de Vigo quenta motores para a gran recollida

A voz

VIGO

A fundación recolle nEl Corte Inglés de Vigo e o Supercor de Pontevedra este venres 4 e sábado 5

03 oct 2019 . Actualizado á 11:17 h.

A Gran Recollida da operación quilo do Banco de Alimentos está ao virar a esquina. Pero á espera de que se celebre os próximos 22 e 23 de novembro, a fundación organizou para esta fin de semana un novo dispositivo con 50 voluntarios. 

Celebrarase mañá venres 4  e o sábado 5 nEl Corte Inglés de VIGO e o Supercor de Pontevedra. Estarán en horario comercial e axudarán a todos os interesados que queiran colaborar.  

Os alimentos máis solicitados son legumes envasados, convervas vexetais, así como galletas, aceite caco ou leite. En calquera caso, calquera quilo de comida non perecedoiro é ben recibido, xa que a necesidade segue aumentando mes a mes. 

Durante os seis primeiros meses de 2019, o Banco de Alimentos repartiu preto de 1,1 millóns de quilos. En 2018, entregou ao redor de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das persoas máis desfavorecidas ás que axuda.