Dous theremines e un chelo coas Cíes como fondo

La Voz

VIGO

AXENDA | Modulador de Ondas estará no bar O Pirata

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 21.00 horas • Praia dos Olmos • O bar O Pirata programas para esta tarde noite un concerto de Modulador de Ondas.

Despois dunha única actuación de presentación do seu primeiro elepé (Planeta Theremin) en Vigo, o trío composto por dous theremines e un chelo (única formación con esta instrumentación en toda España) volve interpretar os temas do seu disco, esta vez coas Cíes de fondo.

Durante este tempo, o grupo actuou en espazos singulares, como a exposición Sonoro empeño, que repasaba o diálogo da arte de vangarda coa música, ou no Musac, en León, dentro de Galicia mergullada, ciclo polo que están a pasar distintas propostas do colectivo musical Metamovida.

Modulador de Ondas é o proxecto de Paulo Pascual, que decidiu levalo ao directo con Macarena Montesinos (chelo) e Uxo Pousa (tamén theremin).