Detidos por saquear o cable do tendido eléctrico da estación de tren de Guixar

E. V. PITA VIGO / LA VOZ

VIGO

CAPOTILLO

Os implicados ían meter varias bobinas dentro dun coche

17 jun 2019 . Actualizado ás 20:30 h.

A Policía Nacional detivo a dous vigueses de 21 e 25 anos por, presuntamente, saquear o cable do tendido eléctrico da estación de tren de Guixar durante a madrugada. 

Os axentes pillaron aos saqueadores cando camiñaban pola rúa García Barbón e aparcaran un coche no muro anexo ás instalacións ferroviarias. Os implicados xa tiñan apilado o material alén do muro e acumulaban varias bobinas de cable listas para retirar. Detívoselles por roubo con forza. Sumaban varios arrestos anteriores.