O aniversario de Avento ten superpoderes

La Voz

VIGO

AXENDA | A compaña viguesa actúa na sala Ártika

23 mares 2019 . Actualizado ás 20:23 h.

Hoxe (12.00 e 18.00 horas) • Beiramar, 113 • 6 euros • Ethan, William e Fiona son tan diferentes entre eles como calquera preadolescente. A única cousa que teñen en común é que coinciden na súa data de aniversario. Van cumprir trece anos e acaban de descubrir que teñen superpoderes.

É o argumento inicial da proposta da sala Ártika para hoxe e mañá. Polo meu aniversario, superpoderes!!! é unha obra de teatro interpretada polos actores da compaña Teatro Avento Producións.

É unha proposta dirixida a un público familiar con persoas de máis de sete anos. A duración da obra rolda os sesenta minutos.

A obra tamén se poderá ver a próxima fin de semana, coas mesmas funcións tanto o sábado como o domingo.

Aínda que a entrada xeral é de seis euros, existen un desconto dirixido a tres ou máis membros da mesma familia, independentemente da súa idade.