Investigado en Baiona un mozo de 21 anos por pegar á súa nai e plantar marihuana

VIGO

cedida

A nai pediu auxilio á Garda Civil do posto de Baiona-Nigrán

10 novs 2018 . Actualizado ás 13:13 h.

A Garda Civil investiga penalmente a un mozo de 21 anos veciño de Baiona acusado de senllos delitos de violencia por maltratar á súa nai e contra a saúde pública por ter unha pequena plantación de marihuana. A nai pediu auxilio aos axentes do posto principal de Baiona-Nigrán porque estaba a ser agredida polo seu fillo, que tamén causaba desfeitas no interior do domicilio. Os axentes que acudiron á vivenda observaron que había unha estancia cun invernadoiro portátil equipado con todo o sistema de ventilación para o cultivo de marihuana en interiores. Nos andeis da mesma había varias macetas, algunhas delas con plantas de cannabis de distintos tamaños, ademais de botes con fertilizantes e pastillas para o abono.

Os axentes procederon á incautación de todo o material e notificaron ao mozo a súa condición de investigado como presunto autor de senllos delitos. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Vigo.