Repaso fotográfico ao Camiño de Santiago

Jorge Lamas Dono
JORGE LAMAS VIGO / LA VOZ

VIGO

M.MORALEJO

Exposición no Museo do Mar sobre as visións da Ruta Xacobea

11 novs 2018 . Actualizado ás 20:49 h.

O Museo do Mar de Galicia mostra ata o 25 de novembro a exposición Via Iacobitana. Os Camiños de Santiago en Galicia. Trátase dunha colección de fotografías sobre o Camiño de Santiago realizadas por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea.