Se se puidese volver atrás... Que cambiarías da historia do Deportivo?

La Voz

TI OPINAS

XOSE CASTRO

Do «hei is my friend» ao penalti de Djukic. Se se puidese cumprir un desexo en branquiazul, cal pedirías?

15 feb 2019 . Actualizado á 14:14 h.

O Deportivo non estaría en Segunda División se Mauro Silva fose titular aínda hoxe no centro do campo. Un cravo quita outro cravo, pero é imposible non sentir rabia lembrando a alegría de González ao deter aquela pena máxima. Se Andrade non chancease co seu compatriota... tería o Deportivo unha Orejona? Ata onde poderían levar ao equipo Luis Suárez ou Rivaldo de non marcharse tan pronto da Coruña? Aínda que quizais lanzarse a algo máis seguro e garantido como unha interesante conversación nunha velada con Luisito. Hoxe lanzámosvos o seguinte xogo: De poder pedir un desexo, cal pediriades?