Vota e opina: Que destacarías dos catro partidos invicto do Deportivo?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

O cadro branquiazul aínda non coñece a derrota e buscará seguir co seu bo momento de forma esta fin de semana

12 sep 2025 . Actualizado á 12:11 h.

O Dépor visita este sábado Mendizorroza para medirse ao Mirandés de Fran Justo na quinta xornada do campionato ligueiro de Segunda División.

Nos catro primeiros encontros cultivou dous empates e dúas vitorias que lle serven para manter o cartel de invicto e ocupar actualmente a parte alta da clasificación. En cada un deses partidos ante Granada, Burgos, Leganés ou Sporting de Xixón puidéronse ver detalles que aumentan a confianza nun persoal que busca loitar por todo.

O gran debut de Mulattieri en Leganés, o golazo de Barcia para dar os tres puntos ante o Sporting na casa, o gran nivel demostrado por Loureiro ou a boa implementación do esquema de xogo de Hidalgo sobre o verde son ningúns dos puntos para destacar deste arranque da tempada.

E o teu, que destacarías dos catro partidos invicto do Deportivo?. Vota e opina a continuación.