O Liceo iniciará a Champions en Riazor ante o Oliveirense o 6 de novembro

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

O cadro coruñés medirase tamén na fase de grupos ao Barcelos, Sporting, Benfica e Bassano

02 sep 2025 . Actualizado á 17:30 h.

O Liceo coñeceu este martes o seu camiño na WSE Champions League. Os de Juan Copa, encadrados no grupo B da máxima competición continental de clubs, mediranse a tres clubs portugueses e un italiano: Barcelos, Sporting, Benfica, Oliveirense e Bassano.

Un total de 10 xornadas compoñen a fase de grupos da competición. O Liceo disputará a primeira delas no Palacio dos Deportes Riazor o 6 de novembro ante o Oliveirense.

Clasificaranse os catro primeiros conxuntos de cada grupo e, nesta edición, disputarán directamente unha final a oito que terá lugar do 6 ao 10 de maio nunha sede única.