
A lateral catalá procede do Real Madrid, con cuxo filial disputou 21 partidos a pasada tempada en Primeira Federación
07 jul 2025 . Actualizado á 19:27 h.A futbolista catalá Sara Extremera (Barcelona, 2001) converteuse este luns na sexta incorporación do Dépor Abanca para a tempada 2025-2026, na que disputará de novo a liga F.
Lateral esquerdo, formada na canteira do Espanyol e cunha etapa tamén na do FC Barcelona, procede do Real Madrid B, equipo ao que chegou na tempada 2023-24 en Segunda Federación e co que logrou o ascenso. A tempada pasada, que disputou en Primeira Federación, xogou co filial branco 21 partidos, 18 deles como titular.
No Espanyol logrou o ascenso a Primeira Nacional co filial e á tempada seguinte proclamouse campioa da categoría. Finalmente, na tempada 2021-2022 ascendeu a Primeira División co primeiro equipo espanyolista tras xogar 29 partidos, sendo pois unha das indiscutibles no once inicial.
A futbolista catalá é o sexto reforzo dAs Nosas confirmado esta tempada tras a fichaxe de Olaya Enrique, de Merle Barth e Esperanza Pizarro; máis a continuidade da internacional portuguesa Inês Pereira e da internacional española Marina Arteiro.