00031716328776369264441

Os persoais do Deportivo, Dépor Abanca e Leyma participan nunha charla na sede de Inditex

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

D. A.

Membros dos equipos dos tres ascensos coruñeses compartiron as súas experiencias co persoal da multinacional en Arteixo

22 may 2024 . Actualizado ás 22:27 h.

O deporte coruñés viviu nas últimas semanas tres ascensos. Para que compartisen as experiencias dos seus éxitos recentes, Inditex convocou onte a representantes dos persoais do Deportivo, o Dépor Abanca e o Leyma nun auditorio da súa sede de Arteixo abarrotado por 500 persoas, entre as que se atopaba a presidenta da compaña, Marta Ortega. O conselleiro delegado, Óscar García Maceiras, abriu un acto titulado O valor do equipo, pensado para empregados da multinacional, e no que participaron os tres adestradores dos equipos, Imanol Idiakez, Diego Epifanio e Irene Ferrreras, así como os xogadores Lucas Pérez, Raquel García e Álex Hernández.

Durante unha hora comentaron as claves do traballo en equipo e a superación, e como conseguir desafíos no mundo do deporte. Ideas tamén extrapolables á empresa.