Diego Gómez renova co Deportivo ata o 2028

La Voz A Coruña

TORRE DE MARATHÓN

RCD

O canteirán é unha das grandes perlas de Abegondo e xa debutou esta tempada co primeiro equipo

13 mares 2024 . Actualizado ás 13:55 h.

O Deportivo anunciou este mércores que o canteirán Diego Gómez Pérez (Amoeiro, 2004) asinou a ampliación do seu contrato ata o 30 de xuño do 2028. O mediapunta legou ao club no 2019 procedente do Pavillón Ourense, sendo cadete, e xa debutou co primeiro equipo.

Na actual campaña, a pesar de sufrir unha lesión que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante máis de tres meses, Diego Gómez disputou 10 partidos co Fabril en Segunda Federación, 9 deles como titular, nos que marcou 5 goles. Ademais, o 23 de setembro debutou co primeiro equipo en partido oficial, ante a UE Cornellà (1-1) en Riazor.

A renovación de Diego Gómez súmase ás asinadas nos últimos meses por Mella, Dani Barcia, Brais Suárez, Martín Ochoa e Iano Simao (2026), Yeremay (2026 e un ano máis de forma automática en caso de ascenso a Segunda esta tempada ou a próxima), Kevin Sánchez e Rubén López (2028).