Vota e Opina: Que rol debe adoptar Raúl Alcaina no Dépor?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

MARCOS MÍGUEZ

O dianteiro branquiazul está a ser importante para Idiakez saíndo como revulsivo desde o banco

23 feb 2024 . Actualizado á 11:14 h.

A fichaxe de Raúl Alcaina polo Deportivo está a ser rendibilizado polo conxunto branquiazul. Dos tres encontros nos que o ex do Alcoyano estivo dispoñible anotou dous tantos, fronte ao Tarazona e ao Logroñés, en pouco máis de 45 minutos sobre o céspede. O punta valenciano está a ser importante nas segundas partes dos encontros para Idiakez que de momento non apostou por darlle unha oportunidade de inicio. A súa contribución goleadora fai saltar a pregunta de se debe ocupar un posto no once titular do Dépor.

Podes deixar o teu comentario sobre o tema ao final da noticia