Sergio González móstrase contundente coa situación de Lucas Pérez: «Quero que quede»

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

David Aguilar | EFE

«Había unha posibilidade de que se fose, o club tiña un compromiso con el se o Dépor subía. Non foi así e o xogador está centrado no Cádiz», expuxo

03 ago 2022 . Actualizado á 14:22 h.

Sergio González despexou de forma clara e contundente o caso Lucas Pérez. A pesar do interese do de Monelos en vestir a camiseta do Deportivo a próxima tempada, a operación era extremadamente difícil. Nun Cádiz onde non sobran os puntas, precisan do galego, ao que aínda a resta unha tempada máis de contrato.

Na rolda de prensa previa ao Trofeo Carranza non se eludiron preguntas sobre a situación do dianteiro. Sergio González afirmou que conta con el para a campaña que está a piques de comezar. «O club tiña un compromiso con Lucas (Pérez) se o Dépor ascendese. É unha pena que non o fixese, porque ademais eu son deportivista e é un club importante», indicou nun primeiro momento o catalán.

«É un xogador que, para nós, é importante. Forma parte do primeiro persoal e quero que quede. Se subise o Deportivo, había un compromiso persoal e logo habería que velo. Non foi así e o xogador está centrado no Cádiz. Había unha posibilidade de que se fose, pero non se deu nada. O demais é todo fume», explicou Sergio González.