Sete anos sen un recital do Deportivo a domicilio e 58 partidos seguidos sen gañar por máis dun gol

Iván Antelo A CORUÑA

TORRE DE MARATHÓN

RCD

O último 0-3 en Liga foi no 2014 nunha visita a Mallorca e o anterior triunfo que non foi pola mínimo data do curso 2018-2019

14 mar 2021 . Actualizado á 19:14 h.

E á quincuaxésimo novena, foi a vencida convencida. O Deportivo puxo fin en Barreiro a un refacho de 58 encontros sen gañar por máis dun gol de diferenza en partido correspondente ao campionato de liga. Dos dezaseis primeiros partidos deste curso en Segundo B. o cadro coruñés gañou seis: cinco por 1-0 (Unionistas, Coruxo, Racing, Guijuelo e Pontevedra) e o restante por 2-1 (Salamanca). E dos 42 da pasada campaña en Segundo, venceu só en 12: cinco por 1-0, seis por 2-1 e o primeiro da liga por 3-2. Ese, contra o Oviedo o 18 de agosto do 2019, fora a última vez que o equipo marcara tres goles.

Hai que remontarse á tempada 2018-2019 para atopar as últimas vitorias do Dépor por máis dun gol. No play off de ascenso ante o Málaga (4-2) e o Mallorca (2-0) e na xornada 42 fronte ao Córdoba (2-0). O anterior triunfo por tres goles ou máis tamén foi dese ano (4-0 ao Oviedo, o 7 de novembro do 2018 con dobrete de Quique González e senllos tantos de Carlos Fernández e Domingos Duarte).

E o último recital a domicilio? Para iso hai que remontarse máis tempo. Ao 20 de abril do 2014, cando o Deportivo de Fernando Vázquez goleou ao Mallorca (0-3) no seu camiño cara a Primeira. Marcasen os tantos Ibrahim Sissoko, Luisinho e Borja Bastón.