Carmelo do Pozo non descarta máis saídas similares á de Mosquera

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

O director deportivo do Dépor cre que o equipo non terá que afrontar un desembolso importante polo seu despedimento

06 ago 2019 . Actualizado á 13:45 h.

Así foi o repaso da actualidade do mercado e do persoal por parte de Carmelo do Pozo desta mañá despois da presentación de Luis Ruiz en Abegondo. Con moitos nomes propios, como os de Nolaskoain, Diego Rolan, Fede Cartabia, Juanfran, Juan Carlos Real e, sobre todo, Pedro Mosquera, o director deportivo recoñeceu que non descarta máis saídas similares a esta última.

Nolaskoain

O director deportivo estivo no Sardinero vendo o duelo entre o Racing de Santander e o Athletic de Bilbao. Alí estivo a falar co xogador vasco. «A sintonía entre el e nós é  total», asegurou Do Pozo, que afirmou que o Athletic está a portarse como «un club señor».

Pedro Mosquera

«Hai contratos que non hai xeito de arranxalos de ningún xeito», dicía o responsable da parcela deportiva. «Como hai unha situación economica importante no club, por iso tómase esta decisión. A situación económica é moi importante e o contrato de Pedro era moi, moi moi, importante. Por iso había que arranxar os problemas presentes e para o futuro do Dépor. Eu arranxo os problemas para o futuro do Dépor, non só para o presente. Non son egoísta».

Pedro Mosquera foi despedido polo Deportivo a pasada semana e Carmelo do Pozo non descartou que se tomen medidas similares ante outras saídas complicadas.

Sobre se o Deportivo deberá afrontar un importante desembolso en forma de indemnización polo despedimento de Mosquera, Do Pozo mostrouse confiado. «Eu creo que ao Dépor non lle vai a custar un bo diñeiro o despedimento», dixo, aínda que non explicou a fórmula á que pensa acoller a entidade para evitar o desembolso.

Diego Rolan

Carmelo do Pozo asegurou que non hai ningunha oferta en firme sobre a mesa a pesar de as informacións que apuntan a conversacións avanzadas entre o xogador e o Trabzonspor. «Son rumores que van aparecendo», digo, aínda que recoñeceu que hai  varias posibilidades.

Róber

Carmelo do Pozo recoñeceu que o canteirán está en negociacións co Levante.

Juanfran

«A situacións contractuais son moi diferentes as de Juanfran que as de Mosquera. Nós beneficiámonos de liberar unha masa salarial importante», explicou Carmelo do Pozo, que fixo ver que o acordo de rescisión de contrato entre o lateral e o club acordouse en base á cláuisula de saída da que Juanfran dispoñía para poder saír cedido a un Primeira. Dado que era o seu último ano de contrato, Do Pozo valorou como positiva a desvinculación do xogador para poder gañar marxe salarial.

Juan Carlos

O Deportivo contactou co canteirán, pero desde a contorna do xogador -segundo Carmelo do Pozo- pedíanse unhas cantidades salariais que o club non estaba en condicións de afrontar. Comunicouse tamén ao Deportivo que o mediapunta tiña ofertas do estranxeiro e de Primeira División polo que se desistiu de intentar traer a Juan Carlos de volta.

Fede Cartabia

Preguntado polo rosarino, Carmelo do Pozo asegurou que coa actual situación, o Deportivo está en condicións de afrontar a tempada 2019-2020. «A día de hoxe o equipo pode competir e ten unha masa salarial que pode manexar con certo criterio», asegurou.