Pedro Mosquera: «O escudo está por amais de calquera xogador»

a voz

TORRE DE MARATHÓN

GONZALO BARRAL

«É a miña ilusión como deportivista volver ver ao Dépor en Primeira», afirma o xogador coruñés nas súas redes sociais

03 ago 2019 . Actualizado á 13:43 h.

Pedro Mosquera xa non é xogador do Deportivo e por iso quixo despedirse esta mañá da afección balnzquiazul cunha emotiva carta na súa conta de Instagram.

O coruñés, que está a un paso de asinar polo Huesca despois de que o club fixese oficial onte a rescisión do seu contrato, afirma que esperaba «unha despedida diferente» e lembra a súa chegada ao equipo hai catro anos ao mesmo tempo que aproveita para dar as grazas por este tempo vestindo a camiseta branquiazul.

«Queridos Deportivistas,

Chegou o momento de despedirse. Hai 4 anos cheguei con toda a ilusión que calquera neno coruñés soña desde pequeno: poder xogar no Real Club Deportivo da Coruña. A mesma que cando no ano 92 asistín ao meu primeiro partido como afeccionado a Riazor.

Desde que cheguei sempre crera nunha despedida diferente, pero a vida trata diso, de seguir o camiño que ás veces se te presenta e outras veces decides. Eu sempre decidín querer e respectar ao Deportivo, intentando dar exemplo dentro e fóra do campo. Os que me coñecedes sabedes o que gocei coas vitorias e sobre todo o que sufrín coas derrotas. Aprendín moitísimas cousas nestes 4 anos...hai habido momentos bo e momentos durísimos...pero sempre saquei cousas positivas deles... Quero dar as grazas a familia, amigos, compañeiros e traballadores do club e moi especialmente á AFECCIÓN incondicional que sempre apoiou ao equipo en calquera tipo de situación.

O escudo está por amais de calquera xogador, como eu, de corpos técnicos, directores deportivos e dirixentes. É a miña ilusión, como Deportivista, volver ver ao Depor en Primeira e loitar por cotas tan altas como as que xa vivimos, non fai moito, aquí na Coruña. Que nunca ninguén nos quite esa ilusión! Sempre co Depor»