O Dépor ábrelle a porta de saída ao fabrilista Blas

Iván Antelo A CORUÑA

TORRE DE MARATHÓN

EDUARDO PEREZ

O coruñés, de 21 anos, fixo as últimas pretemporadas co primeiro equipo e o club xa lle dixo que pode buscar equipo

23 ene 2019 . Actualizado á 18:00 h.

Blas Alonso, lateral dereito coruñés de 21 anos, que fixo a última pretemporada co primeiro equipo, ten a porta aberta para saír do Deportivo. Así llo fixo saber o club e, de feito, xa non foi convocado aos dous últimos partidos co Fabril (empate co Valladolid B e derrota contra o Inter de Madrid, ambos en Abegondo e contra rivais da parte baixa da táboa).

Blas Alonso Peña (A Coruña, 1997) leva toda a súa vida na canteira do Deportivo. «Vivo ao lado de Riazor e o primeiro que vexo nada máis levantarme e abro a fiestra é o estadio. Desde pequeno díxenme, ese ten que ser o meu equipo. Ningún outro», explicaba hai uns anos a La Voz.

Manuel Mosquera fíxoo debutar co Fabril no ano 2015, sendo xuvenil, e desde entón foi o dono da banda dereita de Abegondo. Co filial xogou 109 partidos e marcou 3 goles, sendo un dos grandes baluartes do equipo que conseguiu o ascenso a Segundo B no 2017 e que se proclamou subcampión de grupo na categoría de bronce no 2018. As súas boas actuacións levaron consigo o premio de realizar varias pretemporadas co primeiro equipo.

O seu último partido coa camiseta branquiazul (13 esta tempada) foi o pasado 22 de decembro, en Navalcarnero. Desde entón, Sergio Pellicer está a contar co xuvenil Valín no seu posto, mentres que Blas quedouse fóra das listas de convocados.

O Fabril necesita liberar unha ficha para poder inscribir a Segado, un das súas últimas fichaxes. Abeledo xa puido debutar o sábado.