O Dépor oficializa o traspaso de Sidnei ao Betis

TORRE DE MARATHÓN

Sidnei, tras aterrizar en el aeropuerto sevillano de San Pablo
Sidnei, tras aterrar no aeroporto sevillano de San Pablo J_CORCHERO

O central brasileiro incorporábase onte á disciplina do que será o seu novo club as próximas catro tempadas

02 ago 2018 . Actualizado á 19:18 h.

O Deportivo e o Betis chegaron a un acordo para o traspaso de Sidnei ao equipo verdibranco, que asina polas próximas catro campañas. O futbolista que xa viaxara este mércores á capital hispalense para realizar as probas médicas previas a completar a operación. O acordo entre as partes está xa completamente pechado, co que Sidnei, tras catro tempadas, conclúe hoxe a súa relación co Deportivo

Dúas semanas despois de anunciarse a súa marcha ao Krasnodar e frustrarse ao día seguinte a mesma, Sidnei ten ante si unha segunda oportunidade. Segundo algunhas fontes, o traspaso podería quedarse por baixo dos seis millóns de euros.

O central brasileiro chegou ao Deportivo no verán do 2014 en calidade de cedido. Un ano despois, o club coruñés logrou un novo acordo co Benfica, segundo o cal, pasaba a ser futbolista branquiazul por tres tempadas, pero co poder do club lisboeta de vendelo se o desexaba. Nese hipotético traspaso, os portugueses levaban os 5 primeiros millóns, o Dépor os 2 seguintes e a partir de aí irían a medias. A entidade branquiazul reservábase un dereito de tenteo que exerceu ao chegar un ano despois a oferta do Valencia, o que lle permitiu quedarse co xogador por só 6,5 millóns de euros. Isto débese a que o Valencia ofrecía 10, dos cales na repartición, ao Dépor correspondésenlle 3,5, que habería de descontar do seu pago ao Benfica.