Sexta visita seguida do Sevilla rabuñando puntos de Riazor

Álvaro Vega

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

Krohn-Dehli acadou os 150 partidos en Primeira división

17 abr 2018 . Actualizado á 22:33 h.

Insuficiente empate o cultivado polo Deportivo este martes ante en Riazor fronte ao Sevilla (0-0), un adversario que volveu prolongar os seus bos rexistros no feudo coruñés, onde puntuou nos seus seis últimas visitas ligueiras, e só sucumbiu en dúas dos seus doce encontros máis recentes.

O conxunto de Clarence Seedorf non puido enlazar o seu terceiro triunfo consecutivo -algo que non consegue en Primeira división desde abril de maio 2013-, pero si mantivo limpo o seu historial nos 17 de abril, data na que segue sen perder na máxima categoría tras sete partidos nos que acumulou tres vitorias e catro igualadas.

O protagonismo individual a nivel estatístico recaeu en Michael Krohn-Dehli -protagonista tamén por un lance ao medio minuto do inicio que lle obrigou a abandonar o choque na primeira metade-, que acadou os 150 partidos na liga española (59 vitorias, 33 empates e 58 derrotas; 4 goles marcados), sendo o cuarto futbolista nado en Dinamarca en acadar esta cifra, tras John Lauridsen (272), Michael Laudrup (228) e Sebastián Herrera (176).

Outro dato que logrou manter o cadro branquiazul é a súa imbatibilidade co colexiado David Medié Jiménez, con quen non perdeu nos seus tres encontros na elite, sumando unha vitoria e dous empates.