00031518880166508177811

Bruno Gama asina polo Alcorcón

EFE

TORRE DE MARATHÓN

Eduardo Pérez

Tras desvincularse do Deportivo o portugués xogará cos oleiros ata final de tempada

17 feb 2018 . Actualizado ás 16:17 h.

O centrocampista portugués Bruno Gama, que estaba libre tras a súa saída do Deportivo no mercado de inverno, converteuse este sábado en novo futbolista do  Alcorcón ata final de tempada, segundo informou o club madrileño.

O futbolista luso, de 30 anos, desembarcou no Deportivo na tempada 2011/12, en Segunda. Logrou o ascenso co conxunto coruñés ese curso e, tras sufrir o descenso na seguinte campaña, foi traspasado ao Dnipro ucraíno despois de ter iniciado o curso 2013/14 como branquiazul.

Bruno Gama regresou ás filas do Deportivo despois de finalizar a súa vinculación co Dnipro en 2016 e esta tempada só disputou sete partidos, un de Copa do Rey e seis de Liga ata que o conxunto coruñés lle rescindiu o contrato ao peche do mercado invernal.