00031518619189757309815

Bruno Gama critica as formas da súa marcha «cunha chamada e un correo»

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

GONZALO BARRAL

O portugués despídese cunha carta da afección do Deportivo

14 feb 2018 . Actualizado ás 20:30 h.

Bruno Gama quixo despedirse da afección do Deportivo mediante unha carta aberta aos afeccionados na que lamenta o modo no que abandonou o club branquiazul no pasado mercado de inverno. Este é o contido da carta:

Ola Deportivistas,

Despois de todo o que vivín neste gran Club non podía non despedirme de vós.

Primeiro, darlles as grazas a todos os meus compañeiros por todos os momentos vividos xuntos nestes anos, tanto no campo e o vestiario como fóra del; Grazas aos fisioterapeutas, readaptadores, corpo médico, utilleros e resto de traballadores cos que compartín tempo en Abegondo, e en especial, dar as grazas á gran afección do Club que me fixo sentirme apoiado e querido durante todo este tempo, tempo que gocei moito e durante o que vivín momentos inesquecibles ¡MOITAS GRAZAS!

En segundo lugar, quería dicirvos que esta non era a forma da que me gustou irme do Depor, pois a actitude que tiveron,demostra unha falta de consideración cara ás persoas, contactando co xogador a unhas poucas horas do peche de mercado cunha simple chamada e inmediato correo electrónico. Sei que este non é o Depor, se non algunhas persoas que traballan nel. A pesar de todo, eu quérome quedar cos bos momentos que vivín neste gran Club.

Unha vez máis, darvos as grazas a todos e desexarvos moita sorte, sempre serei un deportivista máis.

Un abrazo forte para todos,

Bruno Gama