Guilherme admite «alivio» e «confianza» tras lograr o primeiro triunfo

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

TORRE DE MARATHÓN

EDUARDO PEREZ

O futbolista augurou «un partido moi difícil» ante o Espanyol, ao que considerou «un equipo moi duro»

23 sep 2017 . Actualizado á 05:00 h.

Alivio e confianza. É o que sente Guilherme tras lograr o primeiro triunfo en Liga. Con todo, esta pracenteira sensación non lle fai perder de vista o importante e manter os pés no chan.

«A sensación é un pouco de alivio, de satisfacción polo traballo que a xente vén facendo. Foi un dos mellores partidos que fixemos desde o inicio e iso supón alivio para poder traballar e ter máis confianza», comentou.

O futbolista augurou «un partido moi difícil» ante o Espanyol, ao que considerou «un equipo moi duro» e que, ademais, non fixo «os puntos que agardaba».

«É importante puntuar e non encaixar gol. Sabemos que o podemos facer», sinalou o xogador e recoñeceu que, a pesar da vitoria ante o Alavés, na primeira parte, o equipo «non fixo un gran xogo».

Punto de inflexión

Guiherme expresou a súa confianza en que sexa un punto de inflexión e que a partir de agora empezo «a pasar o que o equipo merece».

«A xente agardaba máis, non se estaba dando, pero estabamos a traballar e estou seguro de que, de agora en diante, as cousas van cambiar. Se perdésemos co Alavés, o partido ante o Espanyol sería máis complicado», opinou.

O centrocampista mostrouse «convencido» de que, tal e como prognosticou en pretemporada, o Deportivo ten equipo «para quedar entre o oitavo e o duodécimo», pero repasou erros das primeiras xornadas.

Aspectos a mellorar

«Creo que a xente estaba a facer todo un pouco mal: a saída de bóla, as marcaxes, a intensidade, o ritmo de xogo, pero coa confianza imos mellorar. O Alavés apenas nos creou ocasións, aínda que temos que pór máis atención a balón parado. Creo que estamos a mellorar aos poucos e que imos facer máis puntos», dixo.

Guilherme recoñeceu que quizais o non «meter o pé» nos partidos levou a ser o equipo máis goleado da categoría nas primeiras xornadas (agora cos mesmos tantos que o Málaga).