Vinculan a Oriol Riera coa Cultural Leonesa

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

PACO RODRÍGUEZ

A contorna do xogador nega calquera tipo de acordo nin negociación o conxunto leonés

01 jun 2017 . Actualizado á 16:41 h.

Segundo apunta o Diario de León, Oriol Riera tería xa un acordo pechado coa Cultural Leonesa para abandeirar o proxecto do conxunto leonés en Segunda División.

A información apunta a que o Deportivo non poría trabas á marcha do ariete catalán, ao que lle queda unha tempada máis de contrato pero que non tería sitio no proxecto herculino de Pepe Mel. Con todo, fontes da contorna do xogador consultadas por La Voz negan que exista ningún tipo de acordo nin contrato asinado entre Oriol e o equipo leonés.

Polo momento, o xogador está citado en Abegondo o próximo 5 de xullo para incorporarse á disciplina do Deportivo. No caso de que saíse da entidade, o Deportivo liberaríase da ficha do ariete e disporía de máis marxe salarial para acometer incorporacións.

Nesta última tempada Oriol Riera estivo cedido en Osasuna onde, xunto ao resto dos seus compañeiros, asinou unha discreta tempada co descenso rojillo e unhas cifras individuais de catro goles en vinte e dous partidos. O propio dianteiro despediuse onte do conxunto rojillo a través da súa conta oficial de Twitter.