Borges cae da convocatoria do Dépor contra o Valencia

Alexandre Centeno Liste
Alexandre Centeno REDACCIÓN

TORRE DE MARATHÓN

CESAR QUIAN

Entra Edu Expósito do Fabril. Tampouco van estar en Mestalla Kakuta e Mosquera por lesión, Luisinho por sanción e Onda John por decisión técnica

01 abr 2017 . Actualizado á 12:31 h.

Pepe Mel fixo pública esta mañá a convocatoria do Deportivo para o seu encontro contra o Valencia en Mestalla mañá domingo (18.30 horas). Borges cae dos chamados polo técnico e entra Edu Expósito do Fabril.

Tampouco están convocados Kakuta e Mosquera por lesión, Luisinho por sanción e Onda John, suponse que por decisión técnica.