Víctor Sánchez convoca 20 xogadores para viaxar a San Sebastián

Redacción

TORRE DE MARATHÓN

GONZALO BARRAL

Helder Costa e Borja López, únicos descartados por decisión técnica

11 abr 2015 . Actualizado á 18:30 h.

Víctor Sánchez evitou mollarse demasiado na súa primeira convocatoria e optou por unha viaxe multitudinaria a San Sebastián. 20 xogadores figuran na lista ofrecida polo técnico, que aínda deberá facer un par de descartes antes do encontro fronte á Real Sociedade. Non estarán seguro nese duelo os tres futbolistas que continúan sen a alta médica. Wilk, que ten moi difícil recuperarse antes de que conclúa a tempada, Salomao e Postiga. Os dous portugueses xa se exercitaron estes días xunto ao grupo, pero non estarán dispoñibles para o técnico ata o próximo choque, fronte ao Atlético. A nómina de ausentes complétana o sancionado Luisinho e Borja López e Helder Costa, primeiras baixas por motivos técnicos baixo a dirección de Sánchez do Amo.