Unha realidade sen andrómenas

Vicente Leirachá
Vicente Leirachá PUNTO DE MIRA

TORRE DE MARATHÓN

17 mares 2015 . Actualizado ás 10:46 h.

«A salvación, a domicilio», advertía La Voz de Galicia o luns, 9 de marzo, e onte este xornal volvía insistir en tan importante tema, coa diferenza de estar dentro ou fóra do círculo de equipos comprometidos seriamente. Xurxo Fernández, primeiro, e onte Pedro Barreiros, ofrecéronnos detalladamente a situación do momento do Deportivo, así como tamén as solucións que se albiscan, dato este que se deixa a xuízo dos seguidores quen realizan e seguirán realizando os seus prognóstico unha e outra vez, modificándoos en varios casos ata atopar un final que sitúe ao Deportivo á marxe do temido descenso que ameaza a varios equipos. Esta é unha teórica vantaxe, porque son tres os dun grupo de sete os que perderán a súa categoría.

Do grupo que se di está en risco, creemos que debería sinalarse ao Xetafe como a fronteira da tranquilidade? algo que está por ver se temos en conta os xiros que rexistra o fútbol dunha xornada á seguinte. A salvación, a domicilio, non apaga agora o temor nin a obrigación de saber defender o que se xoga en casa. A situación hai que realizala con realismo, sen andrómenas que non serven máis que para enganar, sobre todo aos máis inxenuos entre os afeccionados, que son moitos nisto do fútbol.

Faltan por disputar once partidos que «hai que afrontalos coa cabeza o máis recargada e positiva posible», recomendaba Tito Ramallo nunha sensata análise que lemos onte neste xornal, análise que nos pareceu moi sensato porque -entre outras razóns- non transmite fatalismo senón que lembra a obrigación de pelexar con forza fronte ao Espanyol para non perder uns puntos vitais e seguir afrontando as dez finais seguintes.